O Concello de Mugardos fai pública a convocatoria da elaboración dunha bolsa de traballo para as posibles contratacións laborais temporais do posto de traballo de traballador/a social, mediante sistema de concurso.

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao señor Alcalde, no modelo adxunto, no que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos nas bases da convocatoria referidos a data en que remate o prazo de presentación de instancias.
As solicitudes, debido a imposibilidade de presentación presencial no Rexistro Xeral do Concello de Mugardos, presentaranse na sede electrónica:

https://sede.concellodemugardos.gal

O prazo de presentación de instancias vai do 12 ao 15 de maio de 2020 ámbolos dous incluídos. No presente procedemento non se suspenden os prazos de tramitación e de presentación de instancias, por ser indispensable para o bó funcionamento dos servizos sociais municipais, servizo básico e esencial, dispor de persoal para a cobertura dos postos de traballadora social con carácter inmediato.

Nas seguintes ligazóns pode accederse ás bases da convocatoria, ao anuncio, e á instancia do procedemento:

DESCARGAR PDF Bases da convocatoria traballador/a social

DESCARGAR PDF Anuncio da convocatoria traballador/a social

DESCARGAR PDF Instancia da convocatoria traballador/a social