Desde hoxe luns 11 de maio está aberto o prazo de presentación de solicitudes do proceso de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros públicos para o curso académico 2020/21.

Desde os centros agradecen a comprensión das familias e o respecto polas medidas obrigatorias de distanciamento e hixiene, e lembran que o horario de atención dos centros educativos é de 10.00 a 13.00 horas.

Así mesmo, as familias deben saber que antes do 9 de xuño procederase á publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido, e entre o 1 e o 10 de xullo abrirase o periodo de matrícula.

Na imaxe adxunta poden consultarse os horarios e demais información de interese dos diferentes centros sitos en Mugardos.