Ponse en coñecemento de toda a veciñanza que o censo electoral deste concello, que rexerá para as eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2020, estará exposto ao público do 25 de maio de 2020 ao 01 de xuño de 2020, ambos inclusive, podéndose presentar nese prazo reclamacións sobre os datos censuais, nas oficinas sitas na planta baixa do Concello, de luns a venres, previa cita (que se fixará dentro da franxa horaria de 10:00 a 13:00 h.), aportando DNI.

Consulta de datos de inscrición no censo electoral:

  • A través da páxina web do INE – censo electoral. Para consultar os datos de inscrición é necesario posuir un certificado electrónico recoñecido (emitido polas autoridades de certificación incluidas na plataforma @firma do Ministerio de Presidencia).
  • De forma presencial nas oficinas sitas na planta baixa do concello, previa cita, aportando DNI. Cando se actúe en nome doutra persoa deberá aportar a pertinente autorización e DNIs de autorizado/a e autorizante.

Tamén poderán pedir información nos teléfonos

  • Tfno do INE: 981 21 74 39, 981 21 74 26 e 901 101 900.
  • cita previa do Concello de Mugardos: 981 47 03 38 ext. 2027.