Domingo, 26 Marzo de 2017

Departamentos técnicos

O concello de Mugardos dispón dos seguintes departamentos técnicos: emprego; urbanismo; servizos sociais; cultura, deporte e turismo; xuventude e policía local.

Departamento técnico de Emprego

57

Desde xaneiro de 2000 funciona a Axencia de Emprego e Desenvolvemento local  e desde  o ano 2004  funciona o Servizo de Orientación Laboral, ambas subvencionadas pola Consellería de Traballo.

- Axencia de Emprego e desenvolvemento local: o seu principal obxectivo é contribuír á implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial e emprego. Na Axencia desenvólvense  as seguintes funcións:

1. Asesoramento e apoio para a creación de empresasInformación dos trámites de constitución, elección da forma xurídica, estudos de viabilidade económica e financeira e das  subvencións e liñas de financiamento existentes.

2. Acompañamento técnico aos novos proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira.

3. Difundir e estimular a creación de actividade entre os desempregados e desempregadas, promotores e emprendedores.

4. Facilitar o acceso ao emprego mediante a xestión de axudas e de programas de formación.

- Servizo de orientación Laboral:   servizo dirixido a persoas desempregadas (ou en mellora de emprego) que queiran mellorar as condicións de acceso a un posto de traballo.

As accións que se levan a cabo:

1. Asesoramento formativo

2. Información laboral ( ofertas de traballo, bolsas, convocatorias públicas de emprego,…)

3. Técnicas de busca de emprego

4. Itinerarios personalizados de inserción (IPI)

Existe a disposición das persoas usuarias:

  • Un Punto de información (PI) do Servizo Público de emprego desde o que se pode renovar a demanda de emprego.
  • Dous taboleiros informativos onde se expón información formativa e laboral
  • Correo electrónico: ramon.lopez@concellodemugardos.gal
  • Tlfno: 981470338 (Ext.9)

Ao mesmo tempo preténdese potenciar os recursos propios do Concello e facilitar o desenvolvemento económico.

Correo electrónico de contacto: rosa.rey@concellodemugardos.gal

Departamento técnico de Urbanismo

59

A Oficina Catastral está aberta ao público os Martes e Xoves en horario de 9 a 13 horas.

Correo electrónico de contacto: cristina.otero@concellodemugardos.gal

 

Departamento técnico de Servizos Sociais

servicios.sociales@concellodemugardos.gal

No departamento dos Servizos Sociais comunitarios do concello de Mugardos desenvólvense os programas e servizos cofinanciados pola Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña:

a) Programa de valoración, orientación e información en materia social ás persoas, grupos ou á comunidade en xeral.

b) Servizo de axuda no fogar (SAF), que ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu medio habitual, especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situacións de risco social para as cales resulte un recurso idóneo.

c) Servizo de educación e apoio familiar, que integra o conxunto de proxectos  e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.

d) Programa básico de inserción social que procure valorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situacións ou risco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención social personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas. Inclúense nesta categoría os proxectos expresamente dirixidos ao desenvolvemento, promoción e integración da comunidade xitana e outras minorías étnicas.

e) Programa de fomento da cooperación e solidariedade social, que facilite a participación comunitaria en tarefas colectivas, impulse o asociacionismo solidario e, en especial, a organización e coordinación do voluntariado social.

Ademais, os servizos sociais municipais xestionan os seguintes servizos e programas:

- Escola Infantil Municipal As Lagoas (0 -3 anos) (eimaslagoas@gmail.com)

- Escola de Envellecemento Activo para persoas maiores

- Local social de maiores

- Programa de Igualdade

- Asesoría xurídica para mulleres

Convocatorias municipais anuais:

- Axudas para material escolar

- Axudas para os xoguetes de Nadal

- Exencións e bonificacións nas taxas de auga, lixo e sumidoiros

- Axudas periódicas de emerxencia social.

 


Teléfono de contacto: 981 470 338