Martes, 26 Marzo de 2019

Benvida

É unha honra para min chegar a vós como Alcalde de Mugardos desde este espazo virtual. O novo portal web municipal constitúe un paso máis, dado pola corporación que presido, encamiñado á modernización dos servizos e das canles establecidas para a comunicación cos veciños e veciñas de Mugardos, así como coas persoas que nos visitan.

Xosé Fernández Barcia, alcalde de Mugardos

O novo portal web municipal

Este sitio web vén cumprir un dos obxectivos prioritarios do goberno municipal, que non é outro que situar o Concello no mundo a través da rede e doutras accións promocionais.

Deste xeito queremos contribuir a que os moitos atractivos de Mugardos se coñezan desde calquera parte do planeta.

Mugardos como destino turístico preferente

53

Mugardos teno todo para que así sexa: o seu perfil de vila mariñeira, co seu pintoresco peirao e o seu concorrido paseo marítimo; o peculiar trazado das súas rúas, a súa arquitectura de vistosas cores e de balcóns ao mar; unha historia singular relacionada co seu estratéxico emprazamento na ría...

Todo en Mugardos está vinculado co mar, sendo a súa exquisita gastronomía —co polbo á mugardesa como achega xenuína á cociña mundial— o polo de atracción de xentes de dentro e fóra da comarca ao longo de todo o ano.

Este sitio web vén cumprir un dos obxectivos prioritarios deste goberno municipal, que non é outro que situar o concello no mundo a través da rede e doutras accións promocionais, contribuíndo a que os moitos atractivos de Mugardos se coñezan desde calquera parte do planeta, para o converter nun destino turístico preferente.