Martes, 21 Agosto de 2018

Comedia musical “Mangoreté”

Data: 
17/03/2018 | 19:00 - 21:00
Lugar: 
Praza do Concello
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Bea García e Desirée Pillado, dúas artistas formadas na Escola de Teatro de Narón, definen este espectáculo como “unha comedia musical sobre mundos modernos”. Na peza, elas encarnan a dúas azafatas de voo que chegan doutro planeta e tentan convencer ao auditorio de que viaxe con elas a un mundo mellor. O espectáculo está ambientado nos anos 50 e percorre os grandes éxitos musicais daquela época.