Martes, 21 Agosto de 2018

Documental “Como el sol, al mediodía” e mesa-debate con Lucía Rodríguez.

Data: 
16/03/2018 | 17:00 - 19:00
Lugar: 
Salón de Plenos do Concello de Mugardos.

Lucía Rodríguez Fernández é unha muller mugardesa que estudou Delineación e traballou en Navantia, pero que despois emprendeu unha nova carreira seguindo a súa vocación artística. Ingresou na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid onde rematou o grao e agora realiza un Máster de Educación Cultural e Institucións Sociais e Culturais. No documental “Como el sol, al mediodía” conta a experiencia de seis mulleres que ingresaron na súa Facultade para formarse como artistas e que tiveron que superar trabas xeradas pola idade ou o xénero.