Venres, 19 Outubro de 2018

Festa do Polbo de Mugardos

Data: 
14/07/2018
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A celebración gastronómica deste ano coincide cos actos do Carme, de maneira que a vila terá festas desde o 14 ao 22 de xullo.

No Parque da Constitución estará a carpa na que se servirán as racións de polbo a partir das 13.00 horas. O Concello mercará en total 1.500 kilos do cefalópodo e, como principal novidade, este ano está prevista a adquisición dun polbo xigante de luces que se acenderá na noite do 13 de xullo. Será unha estrutura de aluminio de 8,50 metros de longo, por catro de ancho e 3,50 de alto, que estará iluminado con 50.000 lámpadas tipo led.
 
A Festa do Polbo do día 14 rematará cunha actuación da orquestra Claxxon no Cantón de Cora. Durante a xornada actuarán a Charanga Mekánika pola mañá e Kilomberos de Monte Alto pola tarde. Ademáis haberá animación infantil.