Mércores, 23 Agosto de 2017

Mugardos participa na campaña “Libros para sermos libres”

Data: 
22/04/2017 | 12:00
Lugar: 
Praza do Concello de Mugardos
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Dende o Concello de Mugardos convidámoslles a participar na campaña "Libros para sermos libres",unha iniciativa da Deputación da Coruña, coa colaboración do noso concello, que ten como obxectivo promover a lectura na poboación para conmemorar o "Día do libro".

A campaña ten como eixo central, regalar 5.000 exemplares de libros do fondo da deputación, de forma simultánea, por 30 municipios da provincia.

Esperámosche este sábado 22 de Abril ás 12:00 horas na Praza do Concello.