Mércores, 26 Febreiro de 2020

Saúdo do Alcalde, Juan Domingo de Deus

1685

Queridas/os veciñas/os:
 
Desde o goberno municipal dámosvos a benvida a esta páxina Web, unha xanela de transparencia e de solucións aos vosos problemas.
 
Somos un goberno próximo, humilde e que vos lembra que temos unha vocación de servizo e de axuda á cidadanía, por encima de siglas e partidismos. Un goberno por e para todas/os.
 
Cremos que Mugardos pode crecer, mellorar en servizos e infraestruturas, potenciar o noso turismo así como a nosa historia e patrimonio. Queremos facer do noso pobo un lugar para vivir e do que vos poidades sentir orgullosos.
 
Un afectuoso saúdo,
 
Juan Domingo de  Deus,
 
Alcalde do Concello de Mugardos.
 

Contacta co Alcalde

Validación
Image CAPTCHA
Introduce os caracteres que se amosan na imaxe superior.