Martes, 12 Decembro de 2017

Faite Voluntario/a!

Os últimos estudos sobre pobreza en España alertan sobre un incremento desmesurado de desigualdade social e unha diminución do exercizo dos dereitos sociais da cidadanía.

 

242

Análise da Realidade

No último Informe FOESSA, baseado en datos de organismos oficiais (INE) indican que a renda media por habitante é similar á que existía hai mais de dez anos. A renda de 18.500 € que en promedio recibiron os/as españois en 2012 é inferior en termos de capacidade adquisitiva á que existía en 2001 (o umbral da pobreza en 2012 é 7.355 € anuais por persoa).

A esto súmanse os cambios nas prestacións sociais realizadas polos diferentes gobernos da Xunta e do Estado: reducións de contías, maiores atrancos para percibilas, aumento dos tipos marxinais do IRPF, aumento do IVE, aumento das pensións por debaixo do IPC, etc. o que redunda no aumento sen precedentes da desigualdade na distribución da renda, e polo tanto do benestar das persoas. O dito informe indica que non existen precedentes previos de aumento da pobreza nun intervalo temporal tan breve e que na actualidade a pobreza fíxose mais extensa e intensa.

Dado o incremento dos niveis de pobreza, o aumento de demanda social de axudas de diversa índole (económicas, de alimentación, de suministros, de pagos de aluguer, etc.) tanto ó Concello  como  a entidades de asistencia social nos leva a plantexarnos a creación do Centro Solidario Municipal.

Este Centro Solidario Municipal vaí a complementar as prestacións de carácter socioeconómicas que xa ten posto en marcha nos últimos meses o Concello: O Regulamento de Prestacións Económicas, a  taxa do Comedor Escolar, as axudas de xoguetes de Nadal, as Axudas á Escolarización ou a baremación para diversos plans de emprego donde prima a situación socioeconómica da familia.

Ó mesmo tempo  o aumento de iniciativas de solidaridade social recomendan que as institucións canalicen todas estas sinerxias para operativizar os recursos e facer partícipe á comunidade dos seus propios problemas e solucións,  creando, por tanto, maior cohesión social.

Os principios reitores do centro serán os da cooperación, solidaridade, empatía, colectividade, igualdade, participación, respecto  e xustiza e cohesión social entre as persoas.

 

Obxectivos:

  1. Crear un espazo de intercambio de iniciativas solidarias, organizado e centralizado.
  2. Facer partícipe á comunidade das iniciativas solidarias.
  3. Coordinar os recursos municipais, supramunicipais, de entidades de iniciativa social,  comerciantes e persoas a título individual.
  4. Aunar esforzos na loita contra a exclusión e a desigualdade social.
  5. Contribuír a un reparto e aproveitamento mais xusto, equitativo e solidario dos recursos alimenticios ou doutra índole da comunidade.
  6. Dotar dun banco de alimentos, roupa e outros produtos, (incluídas as acción de voluntariado social) que a cidadanía poida ofrecer e que o centro poida xestionar respectando a normativa vixente en termos de sanidade, protección de datos e seguridade.

 

Descrición do proxecto:

Dende o inicio deste proxecto empregouse a metodoloxía participativa, en canto que é a presidenta de Cáritas Parroquial de Franza a que demanda o aproveitamento, por parte desta entidade, do antiguo consultorio médico do Seixo para fins solidarios. Así xurde o presente proxecto.

Para organizar o centro elaborarase un documento que sente as bases de colaboración entre Cáritas Parroquial e o Concello de Mugardos, que quedaron consensuadas nas reunións dos días 14 e 25 de novembro de 2013 e refrendadas  a través dun convenio de colaboración  que se asinou o 5 de decembro.

O Concello comprométese ao mantemento en axeitadas condicións do centro (limpeza, pago de suministros de electricidade, auga), a xestión documental do mesmo e a comunicación externa do mesmo. Facilitará a coordinación nas campañas de recollida e de sensibilización social  que se poidan levar a cabo e colaborará na xestión cos bancos de alimentos cos que se establezan colaboracións.

Cáritas Parroquial, e as entidades e persoas voluntarias que se sumen á iniciativa, se encargarán da organización dos bens (alimentos, roupa, etc) de que dispoña o centro.

A organización do centro ten dúas partes principais:

  • O voluntariado social que desexe participar no Centro (tanto entidades de Mugardos como persoas individuais) que queiran ofrecer bens, servizos ou tempo ao centro, para o que se creará unha listaxe de entidades e persoas colaboradoras.
  • A entrega destes recursos á cidadanía, preservando a confidencialidade e respectando rigurosamente a lei de protección de datos (Anexo III).

Así pois, os servizos sociais municipais poderán recurrir ao centro tanto para complementar as axudas municipais dalgunha familia usuaria en situación de necesidade como para ofrecer o potencial humano destas persoas usuarias, de aceptar elas tal colaboración. Elaborarase un rexistro de bens entregados que garanta a comprobación dos datos e a avaliación.

Na campaña de difusión do centro se lles ofrecerá aos establecementos e empresas de Mugardos a posibilidade de colaborar co centro, entregándoselles un distintivo que o acredite e informe ás persoas consumidoras de que ese establecemento é solidario e participa no centro.

O centro non poderá recaudar diñeiro, sen perxuízo de que as entidades colaboradoras acepten as donacións solidarias baixo a súa responsabilidade e estatutos  e como entidades independentes.
 

Recursos:

  • Materiais:

A infraestrutura empregada será a do antiguo consultorio do Seixo, encargándose o Concello do relacionado co mantemento deste local (pago de suministros, limpeza do centro, mantemento e reparacións, autorizacións, etc).

O centro dispón dunha mesa de oficina, dun armario con portas, dun radiador e estanterías   para o almacenaxe dos alimentos e roupa. Disporá tamén de teléfono para o uso exclusivo do centro.

Elaborarase un sistema de rexistro de entrega/empréstito de recursos que facilite a avaliación do traballo, tal e como figura no Anexo I.

O fondo de alimentos non perecedeiros do centro e roupa ou outros productos poderase nutrir tanto do Banco de Alimentos Rías Altas como doutros como Cruz Vermella, donacións de empresas e establecementos colaboradores e de persoas individuais.

  • Humanos:

Os recursos humanos do Centro serán os voluntarios e voluntarias que se rexistren no Concello, tanto persoas individuais como entidades, segundo formulario (Anexo II).

A coordinación do centro e xestión administrativa será a cargo do Departamento de servizos sociais.
 

Avaliación:

Anualmente realizarase unha memoria na que se avalíen os aspectos de funcionamiento e operatividade do centro, co número de familias con desglose de menores atendidos e os alimentos e demais productos recibidos e entregados.

 

Aquelas persoas interesadas poden descargar aquí toda a documentación necesaria para inscribirse como voluntarios/as.

CENTRO SOLIDARIO MUNICIPAL: Faite Voluntario/a!