Mércores, 28 Xuño de 2017

Orientación Laboral

Departamento técnico de Emprego

57

Desde Xaneiro de 2000 funciona a Axencia de Emprego e Desenvolvemento local  e desde  o ano 2004  funciona o Servizo de Orientación Laboral, ambas subvencionadas pola Consellería de Traballo.

- Axencia de Emprego e desenvolvemento local: o seu principal obxectivo é contribuír á implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial e emprego. Na Axencia desenvólvense  as seguintes funcións:

1. Asesoramento e apoio para a creación de empresasInformación dos trámites de constitución, elección da forma xurídica, estudos de viabilidade económica e financeira e das  subvencións e liñas de financiamento existentes.

2. Acompañamento técnico aos novos proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira.

3. Difundir e estimular a creación de actividade entre os desempregados e desempregadas, promotores e emprendedores.

4. Facilitar o acceso ao emprego mediante a xestión de axudas e de programas de formación.

- Servizo de orientación Laboral:   servizo dirixido a persoas desempregadas (ou en mellora de emprego) que queiran mellorar as condicións de acceso a un posto de traballo.

As accións que se levan a cabo:

1. Asesoramento formativo

2. Información laboral ( ofertas de traballo, bolsas, convocatorias públicas de emprego,…)

3. Técnicas de busca de emprego

4. Itinerarios personalizados de inserción (IPI)

Existe a disposición das persoas usuarias:

  • Un Punto de información (PI) do Servizo Público de emprego dende o que se pode renovar a demanda de emprego.
  • Dous taboleiros informativos onde exponse información formativa e laboral
  • Correo electrónico: ramon.lopez@concellodemugardos.gal
  • Tlfno: 981470338 (Ext.9)

Ao mesmo tempo preténdese potenciar os recursos propios do Concello e facilitar o desenvolvemento económico.

Correo electrónico de contacto: rosa.rey@concellodemugardos.gal