Sábado, 21 Outubro de 2017

Espazo Xuvenil Aberto de Mugardos

Todos os  sábados e domingos de 17:00 a 21:00 h. a Casa da Cultura se transformará no EXAM (Espazo Xuvenil Aberto) do Concello de Mugardos, ó que poderán acceder as/os rapazas e rapaces de entre 11 e 17 anos previa presentación do carnet de soci@ ou visitante.

O espazo conta con:

  • ordenadores,
  • TV, 
  • futbolín,
  • xogos de mesa,
  • biblioteca,
  • música, etc...

Todo esto coordinado por unha monitora de tempo libre.

Os carnets poden tramitarse na Oficina de Información Xuvenil (OMIX) de 9:00 a 14:00 h.

As solicitudes para obter o carnet poderán recollerse no propio Espazo Xuvenil Aberto, ademáis de na OMIX ou descargando e imprimindo o PDF adxunto a esta nova.

Este espazo pretende ser un punto de encontro para a mocidade de Mugardos onde poder desenvolver as súas inquedanzas e xestionar dunha forma lúdica o seu tempo libre.

Agradecer dende aquí, a iniciativa das/os rapazas e rapaces que se dirixiron ó Concello demandando este servizo, xa que sen esta demanda a apertura do Espazo Xuvenil Aberto non sería posible.

Tes entre 11 e 17 anos? Este é o teu espazo!