Lunes, 22 Julio de 2019

CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NA AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS

/ Lunes, 21/01/2013 - 14:25
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

 

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Mugardos celebrará 3 cursos no vindeiro mes de febreiro.

Do 28 de xaneiro ao 8 de febreiro levárase a cabo o curso “Alfabetización dixital: Iniciación á Informática”, co que se pretende que o alumnado sexa capaz de manexar, de xeito básico, o ordenador (apagado, acendido, creación de cartafois e documentos, impresión...).

O horario será de 11 a 12:30 horas, os luns, mércores e venres.

Do 11 ao 20 de febreiro celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Iniciación a Internet ”, co que se pretende que o alumnado sexa capaz de procurar información na Rede, así como utilizar os navegadores e buscadores existentes. O horario será de 11 a 12:30 horas, os luns, mércores e venres.

Do 22 de febreiro ao 1 de marzo terá lugar o curso “Creación dunha conta de correo electrónico”, co que se pretende que o alumno sexa capaz de crear e manter, de xeito óptimo, unha conta de correo-e. O horario será de 11 a 12:30 horas, os luns, mércores e venres.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Mugardos no Seixo, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 671693008, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.mugardos@xunta.es