Mércores, 23 Agosto de 2017

Como chegar


Desde Ferrol23

Se queremos viaxar en lancha, podemos facelo dende o peirao de Curuxeiras en Ferrol. O que antes era un medio de trasnporte regular converteuse nun transporte turístico. A lancha ten servizo en Semana Santa e dende xullo ata setembro, ambos os dous incluídos. A lancha de Mugardos forma parte xa da historia e do patrimonio do Concello de Mugardos.

Se viaxamos en automóbil desde Ferrol dirixímonos pola N-651 en dirección á Coruña durante 4 km. ata chegar ao cruce de Fene, onde xiraremos cara Mugardos pola AC-133 (Estrada da Palma). 

Se viaxamos en autobús atoparemos información sobre liñas e horarios na páxina web Transporte Metropolitano de Galicia

 

Desde Lugo por A-6, A Coruña ou Santiago de Compostela

26

Tomamos a Autoestrada do Atlántico (AP-9) con dirección Ferrol ata a derradeira peaxe, á altura de Vilar do Colo, onde colleremos a saída 25F que nos leva ao Polígono industrial do mesmo nome.

Entón dirixímonos á vía rápida VG-12 que non abandonaremos ata a saída 4.

Na rotonda desa saída continuaremos ata Mugardos pola estrada AC-133.