Mércores, 23 Agosto de 2017

Guía Local Dixital

A guía local do Concello de Mugardos ofrece información e recursos para facilitar o día a día dos cidadáns e cidadás do noso municipio.

Progresivamente iranse incorporando novos contidos e subapartados.

Actualmente a Guía local dixital do Concello de Mugardos conta con:

  • Rutas de autobuses: A través deste apartado infórmase sobre as paradas e rutas de autobuses que saen dende o municipio de Mugardos ao resto da comarca e outros lugares de Galicia.
  • Directorio de interese: Neste directorio inclúense os datos de contacto dos organismos e institucións máis importantes de Mugardos: Casa da cultura, Biblioteca municipal, taxis, farmacias...
  • Teléfonos de atención cidadá: Este apartado está dirixido a mostrarlle información de contacto rápida e precisa para contactar con Emerxencias, Policia, Concello, Cruz Vermella, Centro de saúde (urxencias)...
Guía Local Dixital