Domingo, 26 Marzo de 2017

Rutas de autobuses

Para desprazarse en autobús desde Mugardos a outros puntos da comarca debemos tomar como referencia as paradas da Gallada, Franza, O Seixo e Mugardos.

A empresa que xestiona o transporte en autobús a nivel comarcal ofrece catro paradas para utilizar este servizo. Trátanse das paradas da Gallada, Franza, O Seixo e Mugardos.

A periodicidade e prezo dos recorridos varía en función dos destinos. Habitualmente o custo soe estar entre un e dous euros e a periodicidade entre vinte e corenta minutos.

O servizo de autobuses é xestionado por unha empresa privada, e polo tanto, independente do Concello de Mugardos.

A continuación indícase os datos de contacto da compañia para realizar consultas específicas sobre prezos, itinerarios, horarios de saída e chegada, custos...

  • Enderezo Estación de Autobuses de Ferrol. Paseo da Estación, s/n. Ferrol
  • Enderezo web: http://arriva.es/
  • Enderezo electrónico: arriva@arriva.es
  • Teléfono de contacto: 981 330 046
  • Fax: 981 330 347