Domingo, 26 Marzo de 2017

Teléfonos de atención cidadá

Os teléfonos de atención cidadá permítennos buscar axuda de diferentes organismos en caso dunha urxencia. Entre eles destaca o 112, número único de asistencia ao cidadán (sanidade, salvamento marítimo, extinción de incendios, seguridade cidadá...)

Entre os teléfonos de atención cidadá útiles para os cidadáns e cidadás de Mugardos destacamos:

  •  Teléfono 112

O número de teléfono 112 está establecido como un número único de asistencia ao cidadán ante calquera tipo de emerxencia (sanitaria, de extinción de incendios, salvamento marítimo ou seguridade cidadá) na Unión Europea.

É unha numeración gratuíta e prefixada.

  • Policia local de Mugardos

A Policía local de Mugardos está situada no edificio do Concello, na Avenida de Galiza, número 45 de Mugardos.

O teléfono de atención ao cidadán é o 981 470 338 / 629 416 969

  • Avarías no alumeado público

As urxencias por avarías no alumeado público poden ser comunicadas á empresa adxudicataria no seguinte número de teléfono: 686484056.

Ademais poden ser comunicadas directamente no Departamento de Servizos do Concello de Mugardos.

  • Centro de Saúde (urxencias)

O Centro de Saúde de Mugardos está situado na rúa Apelón, s/n.

O seu teléfono de atención aos usuarios é o 981 470 836.

  • Protección civil

O teléfono de protección civil de Mugardos é o 671508163.

  • GES

O teléfono do Grupo de Emerxencias Supramunicipal é  o 649874383

  • Teléfono da Muller

O Teléfono da Muller é un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera fixo ou móbil.

O número é o 900 400 273

  • Concello de Mugardos

O Concello de Mugardos está ubicado na Avenida de Galiza, número 45.

O seu teléfono de contacto é o 981 470 290