Xoves, 27 Abril de 2017

Xeografía

O municipio de Mugardos atópase na zona norte da provincia da Coruña, na beira da ría de Ferrol, dentro do coñecido como Golfo Ártabro integrado polas rías da Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol.

A ría na que se integra Mugardos esténdese pola desembocadura do río Xuvia en forma de funil que, pola súa estreiteza e estratéxica situación, forma un dos mellores portos naturais do mundo.

Mugardos pertence á comarca de Ferrol, caracterizada por unha paisaxe permanentemente verde e pola beleza e espectacularidade da súa costa, sendo paso ineludible do chamado "Camiño Inglés" a Santiago de Compostela, que atrae a multitude de peregrinos procedentes das Illas Británicas e do norte de Europa.

A superficie de Mugardos, de apenas 12,73 km2, conta cuns 5.600 habitantes distribuídos nas catro parroquias que o compoñen: Franza, Meá, Mugardos e Piñeiros.

47