Domingo, 22 Setembro de 2019

VI Carreira popular de Fin de Ano Mugardos - Ares

/ Martes, 21/12/2010 - 11:03
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Un ano máis celebrarase a VI Carreira popular de Fin de Ano Mugardos - Ares, que terá lugar o día 26 ás 11:00 da mañá fronte á pista exterior do CPI Conde de Fenosa .

O percorrido de dez kilómetros, inclúe a chegada a Mugardos e posterior retorno a Ares, donde finalizará  fronte o acceso ao colexio Conde de Fenosa, na avenida Celso Emilio Ferreiro.

Neste lugar haberá  avituallamento e, ademaisos participantes disporán de servizo de armario e de duchas.

Polo carácter popular da proba, non haberá clasificación por categorías nin premios para os participantes. Si haberá un sorteo de dez cestas de Nadal, aportadas polos establecementos e empresas colaboradoras con esta proba.

A entrega de dorsais será entre as 08.00 e as 10.30 horas

  • Domingo 26 de Decembro de 2010
  • Lugar: Pavillón municipal de Ares
  • VI Carreira popular de Fin de ano:
  • Inscricións: fgaferrol@gmail.com
  • Categoría: única idade mínima das/os participantes: 14 anos
  • Distancia a percorrer: apróximadamente 10 kilometros.
  • Lugar de saída: Pavillón municipal de Ares
  • Hora: ás 11:00 horas