Sábado, 19 Outubro de 2019

Cabalgata de Reis 2010

/ Mércores, 22/12/2010 - 20:52
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Un ano máis, o dia 5  de Xaneiro os Reis Magos volverán a percorrer a Vila de Mugardos visitando a todos os rapaces e rapazas do concello.

A comitiva real sairá ás 17:00 horas do peirao mugardés percorrendo a Avenida de Galiza, rúa Os Corzás e rúa do Cristo.

Ás 18:00 horas os Reis Magos farán a recepción no pavillón municipal do Cristo.

Ás 19:00 horas as súas maxestades Os Reis Magos sairán cara O Seixo (19:15 horas), San Xoán de Piñeiro (19:45 horas) e Franza (20:00 horas).

Á mesma hora comezará no pavillón infantil un Festival infantil que durará ata as 21 horas, na que haberá todo tipo de actividades para que os máis pequenos poidan pasalo en grande.