Sábado, 19 Outubro de 2019

Benvidos e benvidas ao novo portal web do Concello de Mugardos

/ Martes, 28/12/2010 - 11:13
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

Na miña primeira intervención na sesión de investidura, anunciaba o meu compromiso de traballar en pé de igualdade para todos os mugardeses e mugardesas. Estou convencido, que ese compromiso está cumprido.

Xosé Barcia, alcalde do Concello de Mugardos

Dicía tamén, que a confianza que me dabades, ia permitirme continuar co desenvolvemento do proxecto que tiña e teño para seguir mellorando Mugardos, un proxecto ilusionante e transformador que sen dúbida cambiaría por completo a imaxe de Mugardos e tamén melloraría a calidade de vida dos seus veciños e veciñas.

Benqueridos veciños e veciñas, dentro de poucos meses vaise dar por rematada a miña responsabilidade de cumprir cos compromisos adquiridos con todos e todas vos. Creo que estos compromisos estan cumpridos na súa maior parte:

  • Locais Sociais para os nosos Maiores en Mugardos e Franza.
  • Ampliación do Servizo de Axuda a domicilio.
  • Implantación do Programa "Xantar na Casa".
  • Rehabilitación dun local para Comedor Escolar.
  • Rehabilitación e equipamento de unha vivenda para "Casa Comunitaria" nas Casas Baratas.
  • Local de Ensaio na Pedreira para que os mozos e mozas que se adican a facer música poidan ter un lugar para facer os seu ensaios sen molestar aos demais.
  • Vivendas Sociais no antigo Cuartel da Garda Civil para a mocidade e as persoas de rentas baixas.
  • Inversión de máis de 2 millóns de euros na Rede de abastecemento de Auga para as parroquias de Franza e San Xoán.
  • Un novo Campo de Futbol Municipal de herba artificial.
  • Un Complexo Acuático Municipal.
  • Nova Urbanización da rúa de Os Casás.
  • Inversión de 1.900.000 € nunha Rede Nova de abastecemento en alta para Mugardos.
  • Urbanización das rúas María, Barral e Catro Ventos.
  • Redación dun Novo Plan de Urbanismo co fin de correxir os erros contemplados no actual e adaptalo á nova lei do Solo.
  • Seguridade vial nas estradas AC-122 e AC-133 que significaron a transformación total das parroquias de Franza, San Xoán e Meá.

Neste sentido o novo portal web corporativo do Concello de Mugardos é un paso máis para transformar o noso municipio.

Trátase dun proxecto adaptado ás características da Administración Electrónica que permitirá manter un contacto directo e permamente cos cidadáns e cidadás, así como, informar sobre toda a nosa historia, cultura e oferta turística.

142