Sábado, 19 Outubro de 2019

Exención de taxas por cuestións económicas

/ Sun, 09/01/2011 - 19:00
Concello de Mugardos - http://concellodemugardos.org/gl

O Concello de Mugardos abre o prazo de presentación de solicitudes para todas aquelas persoas que opten á exención das taxas por cuestións económicas.

O período para realizar esta solicitude estará comprendido entre o día 10 de xaneiro e o 23 de febreiro que resultará hábil para formalizar a petición.

As peticións deberán realizarse nas oficinas do Departamento de Asuntos Sociais.

Para realizar a solicitude os demandantes deberán:

  • Xustificar os ingresos da unidade familiar
  • Presentar o recibo do aluguer ou hipoteca de ser o caso
  • Certificado de convivencia
  • Últimos recibos da auga, lixo ou sumidoiros
  • Fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI) do interesado en acceder á axuda