Sábado, 19 Outubro de 2019

Convocatoria de subvención relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior

/ Mércores, 19/01/2011 - 12:30

Obxecto: convocatoria de axudas dirixidas a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de equipamentos de iluminación interior existentes que se renoven de forma que cumpran, polo menos, coas exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación (HE3), reducindo o consumo de enerxía, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

 

Beneficiarios:

  • Beneficiarios da axuda: as comunidades ou mancomunidades de veciños, as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado ( propietarios de vivendas ou edificios do sector terciario, empresas de servizos enerxéticos, empresas. empresas municipais da vivenda...) sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios terciarios da súa titularidade sitos en Galicia.
  • Entidades colaboradoras: as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia e que se acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen 

 

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Para as entidades colaboradoras: ata o 5 de marzo de 2011
  • Para os beneficiarios da axuda: ata o esgotamento do crédito