Sábado, 19 Outubro de 2019

Subvencións para o apoio ao emprendemento feminino (Programa EMEGA)

/ Mércores, 19/01/2011 - 11:13
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

O obxecto desta resolución é fixar as bases reguladoras e a convocatoria pública para o ano 2011, das axudas e subvencións establecidas pola Secretaría Xeral da Igualdade, polo procedemento de concorrencia competitiva, amparadas no réxime de mínimis, para apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresarias liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través das seguintes áreas de actuación:

  • Área de actuación I: apoio á posta en marcha de iniciativas empresariais por mulleres en forma de primas básicas ao emprendemento, a través dunha achega económica que sirva de compensación ao esforzo económico do primeiro período de actividade e de estímulo para a creación de emprego feminino por conta allea.
  • Área de actuación II: apoio á mellora de proxectos empresariais liderados por mulleres en forma de primas especiais que sirvan de incentivo para afrontar un proxecto de mellora caracterizado pola creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.

Beneficiarias:

  1. Área de actuación I: as mulleres que partindo dunha situación de desemprego por un período mínimo de tres meses, constitúan microempresas ou pequenas empresas, baixo calquera forma societaria, incluídas as sociedades civís e comunidades de bens.
  2. Área de actuación II: as empresarias autónomas, microempresas e pequenas empresas

 

Prazo de presentación: Ata o 18 de febreiro de 2011 

Arquivo engadido: