Mércores, 23 Outubro de 2019

Entroido 2011

/ Venres, 04/02/2011 - 13:11
Concello de Mugardos - http://concellodemugardos.org/

Programación entroido 2011:

Xoves, 3 de marzo:

- 11.00 horas: Pasarrúas de entroidiños escolares, acompañados da banda de gaitas de Ares; remataran no pavillón municipal do Cristo co grupo de animación Nova Onda.

Luns, 7 de marzo: Desfile de comparsas e degustación de larpeiradas de carnaval, na praza do Mercado.

- 17.00 horas: Saída da carpa situada na praza do Mercado dun pasarrúas de comparsas (formadas por grupos mínimo de 5 persoas), amenizando o percorrido a banda de gaitas de Ares.

- 18.30 horas: Encontro na carpa situada na praza do Mercado de todas as comparsas, donde se celebrara unha gran festa amenizada polo grupo Nova Onda. Terá lugar un sorteo de dúas cestas con productos típicos do entroido entre os/as participantes das comparsas.

- 20.00 horas: Reparto de orellas e chocolate.

Martes, 8 de marzo: Martes carnavaleiro e degustación de doces típicos da festa do entroido: orellas, freixos, torrixas, ...

- 18.00 horas: Festa de disfraces para pequenos e grandes, animada polo grupo Nova Onda; é indispensable vir disfrazado/a para poder participar no sorteo de catro cestas do entroido (entre os/as adultos)

- 20.30 horas: Degustación gratutita de doces típicos da festa do entroido: orellas, freixos, torrixas, ... ect., productos elaborados polas asociacións, ANPAS e todas aquelas persoas que queiran participar individualmente.

Os doces levaranse á carpa instalada na praza do Mercado a partir das 19.00 horas, e haberá un sorteo de dúas cestas entre os/as participantes na aportación de doces.

Mércores, 9 de marzo: Enterro da sardiña.

- 18.00 horas: Encontro na carpa da praza do Mercado. Desfile de entroidos (monecos feitos de palla) acompañados da banda de gaitas de Ares rematando coa queima dos entroidos.

ORGANIZA: CONCELLO DE MUGARDOS. CONCELLARÍA DE CULTURA

COLABORAN: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA, GADIS E ASOCIACIÓNS CULTURAIS, DE VECIÑOS, PORTOMAGNO E ANPAS DO CONCELLO DE MUGARDOS.