Mércores, 23 Outubro de 2019

AXUDAS DO IGAPE PARA O APOIO FINANCEIRO AOS SECTORES DA HOSTALARÍA, COMERCIO, TURISMO E SERVIZOS DAS COMARCAS DE FERROL, EUME E ORTEGAL

/ Luns, 28/02/2011 - 13:11
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

O  28 de febreiro de 2011 publicouse no DOG nº 40  a Resolución do 8 de febreiro de 2011 pola que se convocan para o exercicio 2011, en réxime de concorrencia non competitiva, as axudas do IGAPE ao amparo das bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financeiro aos sectores da hostalería, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. As bases reguladoras foron publicadas no DOG nº 142, do 27 de xullo de 2010.

Obxecto: Estas bases regulan o contido e procedemento de tramitación de axudas consistentes nunha liña de subsidiación ao financiamento obtido polas pequenas e medianas empresas dos sectores do turismo, hostalería, comercio e servizos que promovan investimentos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

 Características dos proxectos de investimentos:  deberán consistir na adquisición de activos a terceiros e non poderá ter comenzado antes da presentación da solicitude. Consideraranse subvencionables os investimentos e gastos que se realicen con posterioridade á solicitude da axuda ao Igape e se paguen no período dun ano desde a formalización da operación de préstamo, tamén se considerarán subvencionables os contratos de arrendamento financeiro (leasing) que se formalicen no período dun ano desde a solicitude de axuda, sempre que a empresa se comprometa ante o Igape a exercer a opción de compra ap finalizar o arrendamento, e que se materialicen en:

  1. Inmovilizado material novo ou usado: no caso de elementos de transporte, exclusivamente vehículos industriais
  2. Inmovilizado intanxible
  3. Gastos de aprovisionamento e inicio de actividade ata un máximo do 20% do gasto subvencionable elixible

Contía da axuda: A contía do investimento subvencionable será como mínimo de 3.500 euros e como máximo de 100.000 euros e determínase excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición.

A axuda do Igape consiste na subsidiación de 4 puntos porcentuais do tipo de xuro.

Tramitación das solicitudes da axuda: para presentar unha solicitude de axuda o interesado/a deberá cubrir previamente un cuestionario descritivo das circunstancias do/a solicitante e do proxecto a través da aplicación de axuda establecida no enderezo de internet http://www.tramita.igape.es

 

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15 de setembro de 2011 

Arquivo engadido: 
Arquivo engadido: