Mércores, 23 Outubro de 2019

O CeMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS PRESENTA A SÚA PROGRAMACIÓN PARA OS MESES DE MARZO E ABRIL

/ Venres, 11/03/2011 - 12:15
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

Dende o 7 de marzo o CeMIT permanecerá aberto co horario de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas.

O CeMIT de Mugardos presenta a súa programación  para os meses de Marzo e Abril.

"Iniciación á informática: Linux", xunto con outros cinco obradoiros tecnolóxicos serán as actividades do mes de marzo e abril.

O CeMIT de Mugardos acollerá desde o luns 28 de marzo  ata o 8 de abril o obradoiro "Iniciación á Informática: Linux", o horario desta actividade será de 11.00 a 12.30 horas. Así mesmo dende o 29 de marzo ata o 7 de abril celebraráse o mesmo obradorio pero en horario de 19.00 a 20.30 horas.

Realizaranse dous obradoiros de "Iniciación á Internet" un en horario de 11.00 a 12.30 horas do 11 ao 15 de abril e o outro en horario de 19.00 a 20.30 do 12 ao 14 de abril.

As actividades do CeMIT complétanse co obradoiro "Creación dunha conta correo-e" . Este terá lugar entre os días 18 e 27 de abril, o horario será de 11.00 a 12.30 , e entre os días 19 e 27 de abril con horario de 19.00 a 20.30 horas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao CeMIT de Mugardos, con horario de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas ou chamar ao teléfono 671693008.