Venres, 15 Novembro de 2019

PROGRAMA DAS INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO (I+E+E), COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO. CONVOCATORIA 2011

/ Luns, 28/03/2011 - 09:15

Obxecto: convocatoria do Programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego promovidas por persoas desempregadas, coa finalidade de xerar emprego estable, principalmente entre os mozos e as mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais, con especial atención aos concellos do rural galego.

Tipos de axuda:

a) Subvención á xeración de emprego estable.

b) Subvención financeira.

c) Subvención para asistencia técnica.

d) Subvención para o inicio da actividade.

e) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Beneficiarios: as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:

a) Que sexan empresas de nova creación.

b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.

c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.

d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia.

e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os/as socios/as promotores/as non figure ningunha persoa xurídica.

f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.

g) Que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa. 

Prazo xeral de presentación de solicitudes: ata o 30/09/2011

 

Arquivo engadido: