Venres, 15 Novembro de 2019

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO, COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO. CONVOCATORIA PARA O ANO 2011

/ Luns, 28/03/2011 - 08:51

A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que, pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais fomentando a creación de emprego mediante a contratación indefinida da súa primeira persoa traballadora desempregada.

 

Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas físicas que, cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda,  reúnan os seguintes requisitos:

  1. Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, e que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.
  2. Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias da subvención pola primeira contratación indefinida os traballadores ou traballadoras autónomos/as ou profesionais xa constituídos que realicen esta contratación durante o seu primeiro ano de actividade e para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Tipos de axuda:

  • Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia
  • Subvención financeira
  • Subvención por asistencia técnica
  • Subvención para formación
  • Axuda excepcional
  • Subvención pola primeira contratación indefinida

 

O prazo xeralpara a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo finalizará o 30 de setembro de 2011.

  

Arquivo engadido: