Xoves, 22 Agosto de 2019

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARÁ CURSOS DE INICIACIÓN Á INFORMÁTICA E INICIACIÓN Á INTERNET

/ Luns, 11/07/2011 - 13:22
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Mugardos celebrará 2 cursos no vindeiro mes.

 

Do 16 ao 19 de agosto o curso “Alfabetización Dixital: Iniciación á Informática”, co que se pretende que o usuario sexa capaz de manexar o computador de xeito básico (arquivos, carpetas, ferramentas,…). O horario será de 11 a 12.30 horas.

 

O 22 de agosto comezará o curso “Alfabetización Dixital: Iniciación á Internet”, co que se pretende que o usuario sexa capaz de procurar información a través de navegadores e buscadores. O horario será de 11 a 12.30 horas.

 

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfebetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

 

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas  actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Mugardos sita na Avda Bello Piñeiro no Seixo ( Sociedade Amigos da Paisaxe Galega), a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 671693008, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.mugardos@xunta.es.