Xoves, 17 Outubro de 2019

Bases reguladoras das subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a Sociedade da Información no sector do comercio retallista galego

/ Luns, 29/08/2011 - 13:21
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

 

Bases reguladoras das subvencións da Consellería de Economía e Industria para promover a Sociedade da Información no sector do comercio retallista galego

 

Obxecto: ten por obxecto promover a sociedade da información no sector do comercio retallista galego, mediante a adquisición de ordenadores, software de xestión e outros equipamentos por parte dos comerciantes retallistas galegos para o ano 2011.

Beneficiarios: poderán solicitar e beneficiarse das subvencións para as actuacións subvencionables recollidas no artigo 4 das bases desta convocatoria, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nesta orde, os/as comerciantes que realicen a súa actividade única e exclusivamente como comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, e as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que teñan domicilio e alta fiscal no IAE para a súa actividade económica en Galicia e que, entre outros requisitos, estean incluídos dentro das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo IV desta orde, e non estar dados de alta noutras epígrafes distintas ás recollidas no citado anexo. A data de alta deberá ser anterior á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes:Para as axudas do ANEXO II, serán en réxime de concorrencia non competitiva ata o 10 de novembro de 2011, ou ata que se esgote o crédito orzamentario se se produce este esgotamento en data anterior.