Xoves, 22 Agosto de 2019

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARÁ 4 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NO MES DE XANEIRO.

/ Martes, 13/12/2011 - 13:38
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Mugardos celebrará 4 cursos no vindeiro mes.

 

Do 9 ao 18 de xaneiro o curso dous cursos de “Alfabetización dixital: Iniciación á Informática”, co que se pretende que o alumno sexa capaz de coñecer e manexar, de xeito básico, o ordenador. Un será en horario de mañá os luns, mércores e venres de 11 a 12:30 horas. E outro en horario de tarde os martes, mércores e xoves de 19 a 20:30 horas.

 

Do 19 ao 27 de xaneiro celebraranse dous cursos de “Alfabetización dixital: Iniciación a Internet”, co que se pretende que o alumno sexa capaz de coñecer e procurar información a través dos distintos navegadores e buscadores. Un será en horario de mañá os luns, mércores e venres de 11 a 12:30 horas.E outro en horario de tarde os martes, mércores e xoves de 19 a 20:30 horas.

 

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

 

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Mugardos sito na Avda Bello Piñeiro, 5 (Sociedade Amigos da Paisaxe Galega), O Seixo; a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 671693008, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.mugardos@xunta.es