A Biblioteca municipal, con motivo da celebración do Día Internacional do Libro o vindeiro luns, agasalla a todas as persoas que se acheguen ata as instalacións da mesma cun libro a elixir libremente entre os destinados a tal fin. Os libros estarán expostos na rúa, diante da biblioteca, entre as 10.00h. e as 14.00h. No caso de que chova trasladarase á OMIX, no baixo do Concello.
Mugardos, 19 de abril de 2012