Domingo, 15 Setembro de 2019

TOMANDO AS RENDAS

/ Xoves, 07/06/2012 - 12:34

O Concello de Mugardos levará a  cabo a iniciativa "Tomando as rendas" promovida por AMTEGA.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Mugardos celebrará a partir do mes de xuño a iniciativa "Tomando as Rendas".

Esta iniciativa busca fomentar o autoemprego e o emprendemento entre as mulleres de zonas rurais que teñen  ao seu arredor  oportunidades empresariais pero non dispoñen do coñecemento, financiamento e decisión para poñer en marcha as súas propias empresas.

Este proxecto consta de tres partes:

  • Charlas de Motivación ao emprendemento e charlas de creación e maduración de ideas empresariais
  • Capacitación  en alfabetización dixital: cursos de formación para motivar, incentivar e transmitir confianza aos seus usuarios/as no uso das novas tecnoloxías
  • Formación específica sobre elaboración de plans de empresa: a través de talleres online sobre coñecementos a nivel financeiro, contable e laboral requeridos para a elaboración do Plan de Empresa

Destinatarias: mulleres entre 25 e 45 anos

Data límite de inscrición: 15 de xuño de 2012

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Mugardos sito na Avda Bello Piñeiro, e de O Seixo; a través da páxina web https://cemit.xunta.es, chamar ao teléfono 671693008, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.mugardos@xunta.es