Xoves, 12 Decembro de 2019

APOIO FINANCEIRO Á HOSTALERÍA, COMERCIO, TURISMO E SERVIZOS DAS COMARCAS DE FERROL, EUME E ORTEGAL

/ Luns, 18/06/2012 - 11:27

AXUDA RE-INVIRTE FERROL. APOIO FINANCEIRO Á HOSTALERÍA, COMERCIO, TURISMO E SERVIZOS DAS COMARCAS DE FERROL, EUME E ORTEGAL

Finalidade.- liña de subsidiación ao financiamento obtido polas pequenas e medianas empresas dos sectores da hostalería, comercio, turismo e servizos que promovan investimentos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Tipos de apoio.- subsidiación do tipo de xuro de préstamos ou leasing

Beneficiarios/as potenciais.- Pemes que desenvolvan algunha das actividades económicas relacionadas no Anexo I, que promovan investimentos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

Sectores incentivables.- hostalería, comercio, turismo e servizos

Requisitos principais do proxecto.- a contía do investimento subvencionable será como mínimo de 3.500 euros e como máximo de 100.000 euros e determinarase excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición.

O importe a financiar con dereito á subsidiación poderá acadar o 100% do investimento subvencionable. O importe subsidiable será, como mínimo, de 3.500 euros e non poderá, para cada beneficiario, superar os 100.000 euros.

O prazo máximo de amortización será de 7 anos, como máximo 1 ano de carencia

O sistema de amortización de capital e de liquidación de intereses será o que libremente pacten as empresas directamente coa entidade de crédito.

O tipo de xuro nominal anual para a convocatoria 2012 poderá ser, a elección do beneficiario, fixo ou variable:

- Tipo fixo: non poderá exceder de 6,75 puntos

- Tipo variable: será para cada semestre natural o tipo de referencia + tipo adicional que pacten as partes

Investimentos e/ou gastos computables.-  o proxecto investidor deberá consistir na adquisición de activos a terceiros e non poderán ter comenzado antes da presentación da solicitude no IGAPE.

Consideraranse subvencionables os investimentos adquiridos a terceiros que se materialicen en:

- Inmobilizado material novo ou usado. No caso de elementos de transporte, exclusivamente vehículos industriais.

- Inmobilizado intenxible

- Gastos de aprovisionamento e inicio de actividade ata un máximo do 20% do gasto subvencionable elixible.

Contía das axudas.- a subsidiación será de 4 puntos pporcentuais do tipo de xuro

 

Prazo de presentación: ata o día 14 de setembro de 2012

Arquivo engadido: