Xoves, 22 Agosto de 2019

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARÁ 3 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NA SEMANA DO 22 AO 26 DE OUTUBRO

/ Martes, 16/10/2012 - 13:59
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

 

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARÁ 3 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NA SEMANA DO 22 AO 26 DE OUTUBRO

 

Mugardos, 16 de outubro de 2012.

 

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Mugardos celebrará 3 cursos na vindeira semana.

O 22, 24 e o 26 de outubro, e o 23 e 25 , nunha segunda quenda, o curso “Alfabetización dixital: Iniciación a Internet”, co que se pretende que o alumno sexa capaz de manexar e procurar información nos diferentes navegadores e buscadores existentes. O horario será de 11 a 12:30 horas.

O 23, 24 e 25 de outubro celebrarase o curso “Redes sociais: Facebook ”, co que se pretende que o alumno sexa capaz de crear e manter, de xeito óptimo, unha conta no Facebook. O horario será de 19 a 20:30 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Mugardos sito na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega, Avda. Bello Piñeiro, 5, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 671693008, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.mugardos@xunta.es