Domingo, 25 Agosto de 2019

A Biblioteca municipal de Mugardos festexa o Samaín

/ Martes, 30/10/2012 - 14:44

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MUGARDOS FESTEXA O SAMAÍN CON CONTOS E OBRADOIRO

Caxoto Contacontos será o encargado de dinamizar a actividade que se levará a cabo este mércores ás 17.00h na Omix (baixo do Concello). Nesta ocasión coa temática propia do Samaín, achéganos “Contos de medo que deixan durmir”, unha sesión de contos para público infantil á que lle sucederá un obradoiro no que, os máis pequenos e pequenas disfrazados de monstros, meigas e demais, crearán motivos de Samaín facendo valer a súa imaxinación.

Mugardos, 30 de outubro de 2012.