Xoves, 20 Xuño de 2019

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARÁ DOUS CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL A PARTIR DO 18 DE FEBREIRO

/ Venres, 15/02/2013 - 13:58
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

 

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARÁ DOUS CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NAS VINDEIRAS DATAS.

 

Mugardos, 14 de febreiro de 2013.

 

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Mugardos celebrará 2 cursos na vindeira semana.

Levaranse  a cabo 2 cursos de Alfabetización dixital: Iniciación á Informática, co que se pretende que o alumno sexa capaz de manexar, de xeito básico, o ordenador (apagado, encendido, creación de cartafoles e documentos, impresión, etc.).O horario será, en primeira quenda, o luns, mércores e venres de 11 a 12:30 horas e, nunha segunda quenda, o martes, mércores e xoves de 18:30 a 20:00 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Mugardos no Seixo, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 671693008, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:

cemit.mugardos@xunta.es