Sábado, 19 Outubro de 2019

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARÁ 2 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NA SEMANA DO 6 AO 10 DE MAIO

/ Luns, 06/05/2013 - 09:58
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARÁ 2 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NA SEMANA DO 6 AO 10 DE MAIO.

 

A Aula da Rede CeMIT do Concello de Mugardos celebrará dous cursos de "Alfabetización dixital: Iniciación á Informática" os días 6, 8 e 10, nunha primeira quenada, e os días 7, 8 e 9 nunha segunda quenda.

Con este curso preténdese que o alumnado sexa capaz ao remate do mesmo, de  acender, apagar o ordenador, de coñecer e utilizar o rato, teclado, as fiestras, cartafois, documentos, etc.

O horario será os luns, mércores e venres de 11.00 a 12.30 horas e os martes, mércores e xoves de 18.30 a 20.00 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvememnto da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Mugardos sito na Avda Bello Piñeiro, 5 (O Seixo), a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 671 693 008, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.mugardos@xunta.es