Venres, 18 Outubro de 2019

CLASES PREPARATORIAS PARA AS PROBAS DE COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2

/ Mércores, 08/05/2013 - 13:26
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

O pasado 19 de abril publicouse a Resolución do 10 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego.

Os exames das competencias clave de nivel 2 serán o 22 de xuño en Silleda.

Dende o Departamento de Emprego do concello programouse clases de preparación  de competencias clave nivel 2.

As clases iniciaranse o vindeiro 15 de maio ata o 20 de xuño en horario de mañá os mércores e xoves, no Centro de Formación Francisco Vizoso.

LINGUA CASTELA: os mércores de 9.30 a 11.30 horas

LINGUA GALEGA: os mércores de 11.30 a 13.30 horas

MATEMÁTICAS: os xoves de 10.00 a 13.30 horas

TECNOLOXIA: pendente de confirmación horaria

 

Para máis información e para inscribirse chamar ao Departamento de Emprego do concello, Tlfnos: 981 470 338 (Extensións 8 e 9)