Martes, 20 Agosto de 2019

VI CAMPIONATO DE FÚTBOL SALA INTERMUNICIPAL DE ARES E MUGARDOS: FINAIS

/ Xoves, 09/05/2013 - 11:13
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O pasado sábado 4 de maio, no Pavillón do Cristo, púxose punto e final á competición intermunicipal de fútbol sala masculino dos Concellos de Ares e Mugardos.

Foron moitos meses de competición, moitos minutos xogados e moito fútbol sala de calidade. Este VI Torneo contou coa presenza de recoñecidos xogadores da bisbarra que desenvolveron o seu "benfacer" nos pavillóns dos dous concellos.

Noraboa a todos por participar, especialmente aos gañadores. Estes foron os resultados finais...

A trofeo de máximo goleador foi para:

MÁXIMO GOLEADOR

Goles

Xogador

Equipo

24

Diego Díaz

Talleres San Xoán I

 

O equipo coa mellor defensa e mellor porteiro, é dicir, o menos goleado foi:

EQUIPO MENOS GOLEADO

Equipo

Goles

Media

1

La Isla

10

0,83

 

A Final de Consolación quedou como segue:

Bar Rally 1 - Const. Hermanos Varela 3

O partido polo tercer e cuarto posto tivo os seguintes competidores e estes foron os resultados:

La Isla 4 - Talleres San Xoán II 3

Ás 19:00 horas, disputouse a emocionante gran final, que rematou en empate:

Talleres San Xoán I 4 - Parafarmacia 4

Na quenda de penaltis:

Talleres San Xoán I 4 - Parafarmacia 5

 


EQUIPO CAMPEÓN DO VI TORNEO DE FÚTBOL SALA INTERMUNICIPAL DE ARES E MUGARDOS: PARAFARMACIA


 

¿Queredes ver as imaxes dos equipos finalistas? ¿A entrega de premios? Aquí as tedes