Sábado, 19 Outubro de 2019

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARÁ 2 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL DO 27 AO 31 DE MAIO

/ Luns, 13/05/2013 - 14:29
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

 

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARÁ 2 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NA SEMANA DO 27 AO 31 DE MAIO.


 

Mugardos, 13 de maio de 2013. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Mugardos celebrará 2 cursos na vindeira semana.

O 27, 29 e maio o curso “Alfabetización dixital: Iniciación a Internet”, co que se pretende dar a coñecer os navegadores e buscadores para poder utilízalos na procura de búsqueda de información na Rede . O horario será de 11 a 12:30 horas, os luns, mércores e venres.

O 28, 29 e 30 de maio celebrarase o curso “Creación dunha conta de correo-e”, co que se pretende que o alumno sexa capaz, ao rematar o mesmo, de crear, e manter unha conta de correo-e; enviar, recibir mensaxes, achegar arquivos, descárgalos, etc. O horario será os martes, mércores e xoves de 18:30 a 20 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental

para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten

como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da

actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos

, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e

ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da

Información.

Para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao

Aula CeMIT de Mugardos sito na Avda. Bello Piñeiro, 5, a través da páxina web

https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 671693008, ou enviar un correo

electrónico ao enderezo:

cemit.mugardos@xunta.es


 


 

Concelleria de Facenda, Patrimonio, Promoción económico, Formación e Emprego