Domingo, 26 Maio de 2019

Clase de baile moderno con Sergi Orduña, gañador de Fama 09

/ Mércores, 22/05/2013 - 10:54
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

Sergi Orduña, o gañador de Fama 09, vai estar no Concello de Mugardos impartindo clases de baile moderno.

¿Cantos de vós seguíades o programa de televisión "Fama, a bailar!"? ¿A quen lle gusta o baile moderno? ¿Cantos sodes fans de Sergi Orduña? Esta é unha oportunidade única...

Sergi Orduña foi o gañador da edición do 2009 do programa de Cuatro: "Fama, a bailar!" Seguro que vos lembrades del! Ademáis de ser coñecido por este programa ten un curriculum bastante interesante:

 

  • Instructor de HipHop certificado por EUROEDUCATION "European Fitness School".
  • Bailarín de New Style, Popping, Locking, Ragga y Krump.
  • Compoñente do grupo de competición de Hip Hop, en categoría absoluta, KUMI BLACK SOUND: Primeiros clasificados no Campionato de España Fit-Kid 2007; cuartos clasificados no Campionato TOUR de Hip Hop de Salou 2007; cuartos clasificados no Campeonato de España e Europeo de HipHop organizado por Irene Pallarés, en Cornellà de Llobregat 2007; representantes de España no Campeonato de Hip Hop de FISAF 2007; premio ao mellor carisma e imaxe no Campeonato de Hip Hop de Ball Centre, Sants 2007; segundos clasificados no Campeonato TOUR de Hip Hop de Guadalajara 2007.
  • Bailarín no videoclip de "La Canción del Verano" dos LUNNIS, 2007.
  • Bailarín no anuncio de VODAFONE, xullo 2007.
  • Reciclaxe de Popping con J. Smoth (gañador de Juste Debout).

Sergi vai dar dúas master-class nas aulas de baile de As Lagoas, o sábado 1 e o domingo 2 de xuño.

A duración aproximada das sesións será de 90 minutos cada unha.

As clases están pensadas para grupos de 10 a 15 persoas.

O horario aínda está pendente de determinar.

O prezo é de 15 euros por persoa.

O Club Móvete de baile de Mugardos é o encargado de coordinar esta actividade. Se queredes contactar con eles podedes facelo no email: clubmovete@gmail.com