Sábado, 19 Outubro de 2019

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARÁ 2 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL DO 3 AO 7 DE XUÑO

/ Mércores, 29/05/2013 - 09:11
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARÁ 2 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL NA SEMANA DO 3 AO 7 DE XUÑO

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Mugardos celebrará 2 cursos na vindeira semana.

Un curso de "Creación dunha conta de correo-e", os días 3, 5 e 7 de xuño en horario de 11.00 a 12.30 horas. Con este curso preténdese que o alumnado sexa capaz, ao rematar o mesmo, de crear e manter unha conta de correo-e; enviar, recibir mensaxes, achegar arquivos, descargalos, etc.

Un curso de "Procesador de textos: Writer", os días 4, 5 e 6 de xuño, en horario de 18.30 a 20.00 horas. Con este curso preténdese que o alumnado sexa capaz de crear, gardar, modificar e imprimir un documento de texto.

A Rede CeMIT da XUnta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover ma alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Mugardos sito na Avda Bello Piñeiro, 5 (O Seixo), a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 671 693 008 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.mugardos@xunta.es