Venres, 18 Outubro de 2019

Festa das Escolas Deportivas Municipais de Mugardos

/ Mércores, 29/05/2013 - 09:33
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

Queredes comprobar o ben que o fan @s rapaces e rapazas participantes nas Escolas Deportivas Municicpais do Concello de Mugardos?

Despois dun ano de moito esforzo e aprendizaxe, os rapaces e rapazas do noso Concello que participaron nas Escolas Deportivas Municipais, queren amosarnos todo o que aprenderon.

A cita será o xoves día 30 de Maio, no Pavillón do Cristo en Mugardos.

A entrada é de balde, así que non haberá excusas para non asistir.

Non podemos faltar! Merece a pena recoñecerlles o traballo co noso aplauso, non si?