Mércores, 19 Xuño de 2019

Rota Ciclista Escolar

/ Xoves, 30/05/2013 - 12:08
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

Rota ciclista dos escolares polo Concello de Mugardos.

Os escolares dos centros de ensino do noso concello realizarán unha divertida e emocionante rota ciclista polas pistas de Mugardos.

A data escollida para esta actividade deportiva é o venres día 31 de maio.

A saída realizarase sobre as 10:00 horas da mañá dende o Pavillón Polideportivo do Cristo no noso Concello.

O regreso está previsto, se os pinchazos e saídas de pista non o impiden, para as 13:30 horas.

En total van ser máis de 3 horas de aventura para os nosos ciclistas máis novos.

Rapaces e rapazas: ¡Non o perdades!