Sábado, 19 Outubro de 2019

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARÁ 2 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL DO 17 AO 21 DE XUÑO

/ Luns, 10/06/2013 - 13:02
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARÁ 2 CURSOS DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL SEMANA DO 17 AO 21 DE XUÑO


 

Mugardos, 10 de xuño de 2013. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Mugardos celebrará 2 cursos na vindeira semana.

O 10, 12 e o 14 de xuño levarase a cabo o curso “Procesador de textos: Writer”, co que se pretende que o alumno sexa capaz de crear, gardar, modificar e imprimir un documento de texto. O horario será o luns, mércores e venres de 11 a 12:30 horas.

O 18, 19 e 20 de xuño celebrarase o curso de “Mecanografía”, co que se pretende que o alumno sexa capaz de colocar as mans correctamente no teclado e poder coller fluidez á hora de escribir textos. O horario será o martes, mércores e xoves de 18:30 a 20 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental

para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten

como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da

actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos

, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e

ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da

Información.

Para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao

Aula CeMIT de Mugardos sito na Avda. Bello Piñeiro, 5, a través da páxina web

https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 671693008, ou enviar un correo

electrónico ao enderezo: cemit.mugardos@xunta.es