Xoves, 21 Novembro de 2019

MAÑÁ, VENRES DÍA 21, REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A SAÍDA AO PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA

/ Xoves, 20/06/2013 - 08:59
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Mañá venres, día 21 de xuño remata o prazo de inscrición á visita ao Aquapark de Cerceda.

 

Información

Lembrámosvos que esta saída vai ter lugar o vindeiro xoves 27 de xuño.

O prezo da acitvidade é de 8 euros e inclúe a entrada ao parque e o transporte a Cerceda.

A saída está prevista para as 11:00 h e o regreso para as 20:00 horas.

Os menores de 8 anos deberán ir acompañados dunha persoa adulta.

Para obter máis información e facer a inscrición podedes acudir á OMIX do Concello de Mugardos, chamar ao teléfono 981470338 ext 3 ou no correo deportes@concellodemugardos.gal.

O horario da OMIX é de luns a venres de 9 a 14:00 horas.

As prazas quedarán cubertas por rigorosa orde de inscrición.

 

Se aínda non estades inscritos: ¡bulide! ¡A auga vos espera!