Venres, 18 Outubro de 2019

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARÁ 6 CURSOS DURANTE O MES DE SETEMBRO

/ Xoves, 11/07/2013 - 14:17
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.org/

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE MUGARDOS CELEBRARÁ 6 CURSOS DURANTE O MES DE SETEMBRO

A Aula da rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Mugardos celebrará 6 cursos no vindeiro mes de setembro.

CURSO "INICIACIÓN AO RETOQUE FOTOGRÁFICO: GIMP", con este curso preténdese que o alumnado sexa capaz de retocar fotos de xeito básico ( mudar o tamaño, eliminar ollos vermellos, facer desaparecer obxectos dunha imaxe, facer montaxes básicos, ...). Impartiranse dous cursos:

- O primeiro do 2 ao 9 de setembro. Luns, mércores e venres de 11.00 a 12.30 horas

- O segundo do 3 ao 10 de setembro. Martes, mércores e xoves de 18.30 a 20.00 horas

CURSO "INICIACIÓN Á FOLLA DE CÁLCULO", o cal ten como obxectivo que o alumnado sexa capaz, ao remate do mesmo, de realizar formatos básicos, aplicar fórmulas, etc. Impartiranse dous cursos:

- Do 11 ao 18 de setembro. Luns, mércores e venres de 11.00 a 12.30 horas

- Do 11 ao 19 de setembro. Martes, mércores e xoves, de 18.30 a 20.00 horas.

CURSO "ALFABETIZACIÓN DIXITAL: INICIACIÓN Á INFORMÁTICA", o cal ten como finalidade que o alumnado, ao remate do mesmo, sexa capaz de coñecer as diferentes partes do ordenador e poida crear cartafois, eliminalos, renomear, restaurar elementos, copiar, pegar, etc. Impartiranse dous cursos:

- Do 23 de setembro ao 2 de outubro. Luns, mércores e venres, de 11.00 a 12.30 horas

- Do 24 de setembro ao 2 de outubro. Martes, mércores e xoves, de 18.30 a 20.00 horas.

 

Prazo de inscrición para anotarse a ditas actividades permanecerá aberto do 19 ao 30 de agosto. As inscricións serán na propia Aula CeMIT de Mugardos, sita na Avda Bello Piñeiro, 5 (O Seixo), a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 671 693 008, ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.mugardos@xunta.es